Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medidas fronte ao informe PISA: a Xunta crea unha materia de lectura na ESO e reforza a súa ensinanza na primaria

Medidas fronte ao informe PISA: a Xunta crea unha materia de lectura na ESO e reforza a súa ensinanza na primaria

O Consello da Xunta aproba Marco galego de impulso educativo que tamén aumenta os esforzos na materia de matemáticas

Crease tamén un paquete de medidas para dar apoio aos alumnos e aos docentes e "facer fronte a novos retos" como a IA

Eduación implantará ademais un proxecto de aulas de acollida para o alumnado que chegue co curso iniciado

G24.gal 21/09/2026 10:24 Última actualización 21/09/2026 14:39

O Consello da Xunta aprobou este luns o Marco galego de impulso educativo que recolle un paquete de medidas centrado no reforzo da lectura e as matemáticas, no apoio aos docentes e afrontar novos retos como a intelixencia artificial.

Segundo detallou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este novo plan vai na liña das recentes medidas anunciadas como o reforzo para os alumnos que o precisen antes de pasar á Secundaria ou o sistema para avaliar as necesidades de apoio de cada centro.

Así este marco, que xa se comezará a implantar este mesmo curso, buscará solucións ás carencias detectadas no recente informe PISA, especialmente a lectura e as matemáticas.

Aa este ano nos cursos de Terceiro e Cuarto de Primaria poñerase en marcha o programa Avanza Lectura para mellorar as compentencias do alumnado nos centros nos que se detectaron maiores necesidades. E xa nos próximos anos Educación modificará o currículo escolar de Primaria para que a lectura sexa "transversal" en todas as materias.

Ademais, implantarase en 1º e 2º da ESO a materia Lectura e comprensión, na que, segundo explicou Alfonso Rueda, incidirase na análise de textos.

En canto á aprendizaxe na área de matemáticas, este mesmo curso o departamento autonómico implantará en Primaria o programa Avanza Matemáticas, que busca fixar conceptos básicos matemáticos, mellorar a capacidade de razoamento matemático e a capacidade de cálculo.

Outra das medidas pasa por ampliar o apoio aos docentes a través dunha oficina de atención ao profesorado, que dará atención integrada aos docentes.

Tamén se reforzará o acompañamento dos profesores en prácticas e haberá formación específica para este plan de mellora e reforzo da comprensión lectora.

Doutra banda, a Xunta lanzará un proxecto piloto de aulas de acollida na ESO para tratar de axudar a alumnado que chega co curso xa empezado e que, especialmente, necesita reforzo de nivel lingüístico.

Tamén se promoverán plans específicos para cada centro, para o que se creará unha rede de centros de boas prácticas que sirvan de modelo e crearanse unhas "olimpíadas de primaria" para "estimular os alumnos".

Todo iso, defendeu Rueda, co obxectivo de "reforzar o apoio educativo" e tratar de recuperar os niveis anteriores ao último informe PISA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade