Estudan o risco e as medidas precisas para reparar a ponte de Ponte Arnelas
O martes pola tarde sentiron a derruba da plataforma que cobre o van central sobre o Umia
As primeiras inspeccións confirmaron a rotura dos tirantes dun dos arcos laterais
Desviaron o tráfico pola vella ponte dos Padriños, igual que pasaba ata que se construíu a variante en 2007
Técnicos da Consellería de Infraestruturas inspeccionan o estado da ponte nova de Ponte Arnelas. A variante da que forma parte a ponte está cortada, desde que á media tarde deste martes se sentiron unha serie de estrondos que poden supor risco dun posible colapso. Parte da plataforma do vano central sobre o río Umia desnivelouse de forma notable tras a rotura dos tirantes dun dos arcos laterais, segundo informou o propio alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.
Mentres se estuda o nivel de risco e as medidas precisas para reparar a ponte, o tráfico foi desviado pola antiga ponte dos Padriños. O alcalde estima que os traballos poden tardar ata un ano, se hai que derrubar e reconstruír a plataforma. Iso supón para os veciños de Arnelas convivir outra vez coa trasfega de vehículos da que se libraran desde que en 2007 se abrira a nova variante.
