Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deben instalar os aeroportos alcolímetros?

Deben instalar os aeroportos alcolímetros?

En España hai 4 incidentes diarios con pasaxeiros bébedos e o dobre de avións desviados que hai 5 anos

As compañías aéreas piden controis de alcolemia antes do embarque

Os aeroportos contestan que de pouco serven se logo elas venden licor a bordo

Dispárase o consumo de alcol nos aeroportos, en boa parte polos atrasos e horas de espera
G24.gal 15/01/2025 13:56

Altercados dentro do avión con pasaxeiros borrachos suceden cada vez con máis frecuencia.

 "Como pasaxeiros é desagradable, porque non sabes como comportarte respecto aos malos tratos que moitas veces ese tipo de xente ten, pero xeralmente as azafatas e os azafatos soen manexalo", conta unha pasaxeira.

Ás veces non, e é preciso desviar o avión, facer unha aterraxe forzosa e deixar o pasaxeiro en terra. No Reino Unido, o número de incidentes con pasaxeiros bébedos triplicouse nos últimos anos. En España pasamos duns 300 no 2020 a 1.500 o ano pasado. O resto dos pasaxeiros son os que máis o sofren.

"Claro, vas pendente, non vas relaxado, vas un pouco agoniado", apunta outra.

É por iso que algunhas aeroliñas queren que se instalen controis de alcolemia nos aeroportos.

"Home, visto os casos, se hai eses problemas, pois non estaría mal".

 "Pode ser perigoso que entre unha persoa que non está en condicións".

E os aeroportos contestan que de pouco serven os controis antes do embarque se logo son as propias aeroliñas as que ofertan licores a bordo.

 "Si, si, si, iso é moi certo, dentro do voo ofrécenche viño e algunha outra bebida alcohólica, entón, si, non ten moito sentido".

"É un pouco negocio, deberían tamén controlar e non beber alcohol no avión", falan varios usuarios dos aeroportos.

Os continuos atrasos provocan horas de espera, e iso tira do consumo. As compañías cargan contra os aeroportos e pídenlles que limiten a dúas as bebidas alcólicas por pasaxeiro. A polémica está servida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade