Contido coa etiqueta .
Aeroportos

17/01/2025 09:58
Aena incidiu en que os argumentos de Ryanair para xustificar este reaxuste son "unha réplica mimética" da política comercial, de comunicación e empresarial que está a realizar en todos os países europeos
Explica que a tarifa media que aboarán as aeroliñas a Aena a partir do 1 de marzo será de 10,35 euros por pasaxeiro, "a máis baixa de Europa", e informou de que Ryanair incrementou un 8,75 % a súa actividade en 2024 coa mesma tarifa media

Ryanair recortará un 61 % o tráfico en Vigo e un 28 % en Santiago para este verán
16/01/2025 15:10
Eliminará 12 roteiros e 800.000 asentos para a súa programación de 2025

Deben instalar os aeroportos alcolímetros?
15/01/2025 13:56
En España hai 4 incidentes diarios con pasaxeiros bébedos e o dobre de avións desviados que hai 5 anos
As compañías aéreas piden controis de alcolemia antes do embarque
Os aeroportos contestan que de pouco serven se logo elas venden licor a bordo

Récord de viaxeiros no aeroporto de Santiago
13/01/2025 20:35
O aeródromo compostelán pechou 2024 con 3,6 millóns de viaxeiros
Alvedro e Peinador rexistraron caídas e tiveron sobre un millón de pasaxeiros

Fin de semana de moita actividade nos aeroportos e cun operativo especial de tráfico
29/12/2024 14:28
Durante esta fin de semana os aeroportos galegos operaron 168 voos, máis de 20 internacionais
Normalidade nas estradas galegas nunha fin de semana con moitos desprazamentos

O aeroporto, escenario clásico da volta á casa polo Nadal
20/12/2024 21:35
As apertas multiplícanse nestas datas ante a porta de chegadas

Os aeroportos galegos aumentan o número de viaxeiros respecto ao pasado novembro
12/12/2024 20:28
Santiago logra un 13 % máis de pasaxeiros e Vigo, un 10,6 %, mentres que A Coruña incrementa nun 1 %
O aeroporto de Sá Carneiro, empregado por moitos galegos, triplica a suma dos tres anteriores

Detido un home con case 17 quilos de cocaína no aeroporto de Barcelona
24/11/2024 11:42
O detido facturara 16,96 quilos repartidos en 15 paquetes tipo ladrillo nun dos compartimentos da maleta

Un avión aterra de emerxencia no aeroporto de Santiago por presenza de fume na cabina
18/11/2024 21:10
Viaxaba de Forteventura a Glasgow con 170 pasaxeiros e seis membros da tripulación, e non se rexistraron feridos

Un aeroporto de Nova Zelandia limita a tres minutos as apertas de despedida na terminal
23/10/2024 14:25
Para despedidas máis longas invita os usuarios a facelo no aparcadoiro
De momento, trátase só dunha recomendación

Deportados a Marrocos 16 dos saharauís que solicitaron asilo en Baraxas
04/10/2024 18:24
Quedan outros 15 solicitantes de asilo nas salas do aeroporto, e algúns deles teñen programada a súa deportación para este domingo
O BNG solicita a comparecencia de Marlaska no Congreso e no Senado para dar explicacións
Ione Belarra esixiu ao Goberno que non deporte os que quedan, xa que "están nunha situación de solicitude de asilo máis que xustificada"

A néboa provoca cancelacións e desvíos no aeroporto de Alvedro
03/10/2024 14:17
Moitos viaxeiros quéixanse da falta de información

Día de moita actividade en Peinador ao asumir os voos de Sá Carneiro
10/09/2024 15:56
O aeroporto de Vigo recibe parte do tránsito aéreo do Porto polas reformas na terminal lusa

Illa desbloquea a comisión técnica sobre O Prat e garante "o máximo rigor ambiental"
03/09/2024 09:08
O Govern prevé reactivar hoxe a comisión técnica creada entre a Generalitat e o Goberno que estudará a ampliación do aeroporto
O presidente catalán calcula que os resultados deste órgano estarán listos en "tres ou catro meses"

A Comisión Europea impón novas medidas para o control de líquidos nalgúns aeroportos
01/09/2024 14:57
Nos aeroportos españois non vai supoñer ningún cambio, segundo confirmou AENA
Nos aeroportos afectados xa non se poderá subir líquidos na cabina do avión en envases de máis de 100 mm e haberá que introducilos nunha bolsa transparente para pasar o control

Nos aeroportos galegos operan 125 voos neste primeiro día de setembro
01/09/2024 14:52
Remata unha das fins de semana de maior tráfico aéreo do ano
As rutinas e obrigas laborais volven esta semana para a maioría das familias que finalizan as vacacións este domingo
Dous de cada dez españois colle vacacións en setembro

Os aeroportos galegos afrontan unha fin de semana de intensa actividade
31/08/2024 14:39
Os aeroportos galegos afrontan a última fin de semana de agosto con 359 voos programados desde o venres ao domingo
Este sábado hai 112 conexións previstas, 65 na terminal de Santiago

Así son os cambios na normativa de equipaxes de man: 10 quilos máximo e tamaños unificados
20/08/2024 14:56
Os cambios no acceso aos avións serán efectivos a partir do 1 de setembro e tamén afectan os líquidos, que volverán limitarse a un máximo de 100 mililitros

Os aeroportos galegos operarán máis de 650 voos ata o domingo
15/08/2024 10:54
O Rosalía de Castro, na Lavacolla, é o que terá máis movemento de viaxeiros, con 400 voos programados na ponte

Unha investigación di que houbo "descoordinación" ao remolcar un avión en Alvedro
06/08/2024 14:07
Un operario que estaba na pista quedou ferido grave

Bota a andar a liña aérea inédita entre Melilla e Santiago de Compostela
27/07/2024 16:26
Vai operar cunha frecuencia semanal todos os sábados ata o 31 de agosto

Normalidade nos aeroportos galegos tras as incidencias rexistradas onte
20/07/2024 16:05
Tras o caos vivido onte nos aeroportos, debido ao erro no sistema de Microsoft que obrigou a cancelar 400 voos en España, as terminais galegas non rexistraron incidencias
Aena programou 117 conexións para este sábado

Os aeroportos españois volven á normalidade tras a caída mundial de Microsoft
20/07/2024 13:59
Aena asegura que xa non hai incidencias nas terminais polo apagamento informático
O mundo comeza a superar o caos xerado pola actualización dun software de CrowdStrike

Continúan os atrasos nos aeroportos españois polo fallo informático global de Microsoft
19/07/2024 20:47
O Prat e Baraxas acumulan demoras de ata dúas horas con miles de pasaxeiros afectados e moitas aglomeracións nas terminais
Máis de 33.000 voos atrasados e unhas 3.700 cancelacións en todo o mundo

Aumenta o número de voos internacionais nos aeroportos galegos
14/07/2024 14:32
Amplíase a oferta turística con voos chárter a Exipto, Croacia ou Eslovenia
Increméntanse os voos internacionais regulares a destinos como Suíza ou o Reino Unido

Interveñen en El Prat 38 cadáveres de aves protexidas africanas por valor de 80.000 euros
10/07/2024 12:38
A Garda Civil detivo un pasaxeiro natural de Malta e procedente de Kenya por tratar de introducir en España as aves na equipaxe
Os paxaros estaban eviscerados e tratados para a súa conservación e pretendían ser vendidos a coleccionistas privados

Empresarios da Lavacolla quéixanse da pasividade das autoridades co aparcadoiro ilegal
08/07/2024 14:40
Coa temporada alta os coches volven invadir as beiravías e as áreas de servizo doutras empresas
Unha clave para distinguir os aparcadoiros legais é que neles son os clientes os que deixan o coche a resgardo no seu recinto e as empresas encárganse dos traslados ao aeroporto

Moito movemento nas estacións de tren e aeroportos no inicio da operación saída
29/06/2024 14:09
Renfe dispón 22.000 prazas a Galicia entre este venres e o luns
Os aeroportos galegos conectarán con 14 destinos internacionais

Voos cancelados e con atrasos no aeroporto de Mánchester por un corte eléctrico
23/06/2024 11:16
É o comezo da tempada de vacacións de verán no terceiro aeroporto máis transitado do Reino Unido

O aeroporto de Santiago chega a unha cifra de récord con 400.000 viaxeiros en maio
12/06/2024 20:47
Logra case un 27 % máis de persoas ca o ano pasado no mesmo período, en parte grazas ao peche de Peinador

Deteñen cinco persoas por introducir por Baraxas máis de 500 quilos de cocaína entre roupa sucia
31/05/2024 10:50
Un dos envíos detectados, de algo máis de 450 quilos, converteuse no maior alixo comisado ata a data en España oculto entre a equipaxe dun avión de pasaxeiros, segundo informaron os corpos de seguridade

Reabre o aeroporto de Peinador tras o peche polas obras na pista
31/05/2024 08:56
Foi un avión da compañía Vueling procedente de Barcelona o primeiro que estreou a nova pista de Peinador

O aeroporto de Vigo executa os últimos traballos para reabrir a súa pista o venres
28/05/2024 16:25
Despois de catro semanas do peche ao tráfico aéreo dáse por finalizada a fase de rexeneración do asfalto de pista
Nestes últimos días ultimase os traballos con tarefas de pintura, comprobacións eléctricas e calibracións de axuda á navegación
O aeroporto de Sá Carneiro estará pechado o día 10 de setembro

O aeroporto de Sá Carneiro estará pechado o día 10 de setembro
28/05/2024 16:04
Acometeranse obras de ampliación por valor de 50 millóns de euros
O obxectivo dos traballos é ampliar a súa capacidade até 40 millóns de viaxeiros anuais

A Xunta amplía o servizo de autobuses entre Vigo e o aeroporto de Santiago
20/05/2024 13:53
Habilítase unha liña máis por semana e outra os domingos con saída desde a estación intermodal de Vigo
Os usuarios afectados polo peche temporal da terminal de Peinador contarán con máis facilidades para coller os voos

A Xunta amplía horarios de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago
18/05/2024 13:32
Habilita unha liña máis por semana e outra os domingos con saída da Intermodal de Vigo
Toda a información relativa aos servizos está dispoñible na páxina web https://www.bus.gal

Nove voos cancelados na segunda xornada de folga do persoal de terra de Iberia en Santiago
16/05/2024 20:36
Na primeira xornada de paro canceláronse 16 voos

A folga de Iberia en Santiago provoca a cancelación de conexións con Madrid e Bilbao este xoves
15/05/2024 18:17
Convocáronse dúas xornadas de paro para os días 16 e 17 para denunciar a "sobrecarga" de traballo por "falta de persoal", un problema acrecentado polo peche de Peinador

Aumenta o tránsito de viaxeiros no aeroporto de Santiago polo peche de Peinador
11/05/2024 17:01
O transporte público con desvío ao aeroporto é unha opción para trasladarse ao aeroporto de Santiago
Aumenta a ocupación do aparcadoiro do aeroporto Rosalía de Castro grazas aos usuarios que non poden viaxar desde Peinador

Os traballadores do aeroporto da Lavacolla convocan paros para o 16 e 17 de maio
07/05/2024 21:10
Cualifican de insostible a carga de traballo que asumen co traslado das operación de Peinador