Decretan liberdade vixiada para os menores detidos pola violación grupal de Burjassot
Un quinto implicado queda en liberdade vixiada con orde de afastamento das vítimas
A policía trata de localizar un sexto mozo sospeitoso de participar tamén na agresión sexual
O xuíz acordou liberdade vixiada con afastamento para os cinco menores detidos polas supostas agresións sexuais que sufriron o pasado luns dúas nenas na localidade valenciana de Burjassot. A Fiscalía pedira o internamento con réxime pechado para catro dos menores e liberdade vixiada con afastamento para o quinto arrestado.
Os rapaces, de entre 15 e 17 anos, están acusados de participar na agresión sexual a dúas adolescentes de 12 e 13 anos. A policía busca un sexto mozo que puidera estar tamén implicado.
A policía enviou unidades antidisturbios ao xulgado tras os altercados rexistrados entre os familiares dos detidos e os medios de comunicación. Unha das nenas foi agredida supostamente polos seis sospeitosos e a súa amiga logrou fuxir, mesmo intentou gravar os feitos co seu móbil. Os expertos advirten contra a dobre vitimización das agredidas.
Vítimas e agresores citáranse a través de Instagram. Os educadores chaman a atención sobre os perigos que agochan as redes sociais.
A Unidade de Familia e Protección da Muller da Policía mantén aberta a investigación ante este grave suceso.