Denuncian en Samos uns familiares polo cambio na sepultura sen permiso
Presentaron denuncia porque temen que manipulasen os restos
Os presuntos autores desta alteración alegan que a tumba vai incluída na herdanza da casa
Antes era gris e agora é de mármore negro e os nomes das persoas que estaban aquí enterradas desapareceron. Os seus familiares están indignados e presentaron unha denuncia cando tiveron coñecemento dos feitos. Temen que manipulasen os restos.
Os denunciantes son dous irmáns que residen fóra, pero que cada verán acoden limpar a sepultura. Queren chegar ao fondo do asunto porque non comprenden que os traballos se autorizasen sen ter os documentos de propiedade.
Pola súa banda, os presuntos autores desta alteración na lápida, e que comparten antepasados cos afectados, alegan que a sepultura lles pertence e está incluída na herdanza da casa.