Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian a longa espera para colocar cinzas no cemiterio de San Amaro da Coruña

Denuncian a longa espera para colocar cinzas no cemiterio de San Amaro da Coruña

"Ofrecéronnos unha solución excepcional pola presión nas redes sociais", explica Adrián, a quen lle dicían que tiña que agardar 19 días

G24.gal 29/03/2023 14:18

Adrián é da Coruña, pero vive e traballa en Barcelona. Tras saber do falecemento da súa avoa materna, veu no primeiro avión para poder despedirse dela e acompañar os seus. Porén, cando ían programar o seu enterro, chegaron os problemas.

"Unha vez incinerados os seus restos, soubemos que tiñamos que agardar dezanove días para poder colocar as súas cinzas no nicho que temos no cemiterio de San Amaro", relata.

Adrián explicoulles que para esa data xa non estaría na Coruña porque tiña que regresar a Barcelona. Conta que a resposta que lle deron foi que collese vacacións máis adiante e que xa farían o enterro cando el tivese os días. 

Molesto coa falta de humanidade, decidiu contar o que lle estaba a pasar nas redes sociais, fíxose viral e ás poucas horas xa tiña unha solución.

"Ofrecéronnos de xeito excepcional poder facer o enterro mañá ou a semana vindeira. Pero esta non é a solución, é só un parche. Con esa reclamación o que queremos é que isto non se volva repetir", insiste.

Porque agora sabe que isto está pasando desde hai polo menos dous anos e que houbo quen non puido asistir ao enterro do seu pai polos longos tempos de espera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade