Cargando resultados...
Denuncian que levan un ano sen poder vivir na casa pola derruba da lindeira
Os afectados pídenlle axuda ao Concello do Barco de Valdeorras
G24.gal
02/02/2024 16:44
Un matrimonio do Barco de Valdeorras denuncia que leva un ano sen poder vivir na súa casa. A lindeira derrubouse e provocou danos graves na súa casa.
Teresa e Alfonso levan un ano e dúas semanas. Saíron co posto e tiveron que marchar vivir cos fillos. Non poden volver á súa casa porque din que tras a derruba quedou moi afectada.
Aconteceu despois de 14 anos advertindo, aseguran, con escritos ao Concello que a casa lindeira, con propietarios desaparecidos, ía caer. Piden ao concello que acometa de urxencia as obras que corresponden para evitar riscos pero aseguran que os ignoran. Dende o Concello do Barco aseguran que, a moito tardar, para a semana que vén comezarán as obras.