Denuncian en Samos que uns familiares cambiaron unha sepultura sen permiso
Dous irmáns levan ao xulgado uns curmáns por alteraren a lápida
Os presuntos autores do cambio alegan que o nicho vai incluído na herdanza da casa
Dous irmáns denuncian que uns curmáns seus cambiaron unha lápida no cemiterio sen o seu permiso. Acusan os seus familiares de danos e alteración da sepultura. No xulgado entenden que non houbo manipulación de restos fúnebres, porque a funeraria contaba con permiso para facelo e de feito din que os restos continúan no lugar.
A sepultura en cuestión está a carón doutra e dun día para outro apareceu co mármore cambiado e o nome tamén. Os afectados presentaron denuncia e no xulgaron arquivaron a causa porque entenden que se trata dun asunto civil sobre a titularidade da lápida.
A outra parte da familia, a que presuntamente cambiou a sepultura, alega que lles pertence porque está incluída na herdanza da casa e que alí están enterrados antepasados seus.
No seu momento permitiran soterrar alí esas persoas da outra familia porque carecían de nicho.