Cargando resultados...
Desaloxada a 'rave' de Lleida tras cinco días de xolda
O operativo, que rematou sen incidentes, acabou coa identificación dos organizadores da festa

G24.gal
08/06/2023 08:32
Desaloxada a rave de Lleida. Tras cinco días de xolda, un amplo dispositivo dos Mossos d'Esquadra acudiron ao encoro de Ivars de Noguera para botar de alí o cento de persoas que estaban desde o sábado.
O operativo, que rematou sen incidentes, acabou coa identificación dos organizadores da rave, sete actas administrativas por tenza de substancias prohibidas e vinte condutores denunciados por circular baixo os efectos dalgunha droga.