Deteñen catro persoas na desarticulación dun punto de venda de droga en Vilagarcía
Os axentes comisaron unha mochila que contiña 1,8 quilos de haxix, amais doutras pequenas cantidades doutras drogas

A Policía Nacional detivo catro veciños de Vilagarcía de Arousa por un delito de tráfico de drogas nunha operación na que se desarticulou un punto de venda e distribución.
Os detidos foron sido interceptados polos axentes de seguridade cidadá de forma coordinada nos dispositivos establecidos para o efecto cando levaban a cabo diferentes vendas de droga en plena vía pública, explica a Policía nun comunicado.
Así, os axentes realizaron un rexistro nunha vivenda da zona onde detiveron a tres persoas e incautáronse de varias cantidades de substancias estupefacientes: un total de 18 bolsas de cocaína para a súa distribución en dose, 37 gramos de cocaína e unha báscula de precisión.
Noutro dos dispositivos, que levou a cabo polo servizo de radiopatrullas e grazas á colaboración cidadá, incautouse unha mochila que contiña 1,8 quilos de haxix en varios paquetes embalados en plástico.
A Policía agradece a colaboración cidadá, xa que recibiu queixas veciñais pola existencia de puntos de venda de drogas.