Deteñen dous homes en Vigo por fotografar bañistas, incluídos menores, en dúas praias
Os dous sospeitosos foron arrestados pola policía por tomar fotos na praia de Samil e noutra nudista próxima ao Vao
O Xulgado de Instrución 7 de Vigo investiga dúas persoas que foron detidas pola Policía Nacional por, supostamente, tomar fotos dos bañistas, incluídos menores, na praia de Samil e noutro areal, nudista, próximo á praia do Vao.
Os propios bañistas deron a voz de alarma, porque estaba a pé de praia e porque era moi evidente que estaba fotografando co seu móbil os bañistas, sobre todo as mulleres.
O outro home foi detido no areal de Samil. Aquí os axentes comprobaron que había fotografías a homes e mulleres, e algún que outro menor aínda que en segundo termo.
Ambas persoas foron detidas e trasladadas ata as dependencias da comisaría de Vigo onde pasaron a noite antes de pasar a disposición xudicial.
Estas dúas persoas quedaron en liberdade, pero están a ser investigados por un posible delito contra a intimidade, concretamente por descubrimento e revelación de segredos, que entre outras cousas castiga con ata catro anos de cadea e cunha multa a quen teña intención de vulnerar a intimidade doutra persoa sen o seu consentimento.