Deteñen un veciño de Cambre por exhibir armas brancas durante un festival de rock
Foron os asistentes aos concertos os que advertiron a Garda Civil de que o home paseaba cun machete e un coitelo polo recinto do festival en actitude ameazante

A Garda Civil de Cambre detivo un veciño da localidade por levar un machete e un coitelo de grandes dimensións nas mans durante a celebración do festival Rock in Cambre, durante a primeira fin de semana de agosto.
Nun comunicado, a Garda Civil informa de que numerosos asistentes que gozaban dun concerto deron a voz de alarma tras comprobar que o home amosaba as armas con actitude ameazante e intimidatoria, posiblemente por atoparse baixo os afectos das drogas.
En varias ocasións, indica a Garda Civil, realizou o xesto de fregar fío contra fío coas mans no alto.
Tras retirarlle as armas, o home foi arrestado e, posteriormente, posto a disposición xudicial. Segundo transcendeu, esta persoa contaba xa antes deste suceso con antecedentes por varios delitos.