Deteñen un veciño de Xinzo de Limia por tenza de pornografía infantil
Os axentes que o detiveron realizaron un rexistro na súa vivenda, onde comisaron abundante material informático

Un veciño de Xinzo de Limia foi detido como presunto autor dun delito contra a liberdade e indemnidade sexual tras localizarse na súa vivenda material informático que contiña pornografía infantil.
O arresto produciuse o pasado mércores 27 de novembro no marco da operación Jake-Ou desenvolvida pola unidade orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil, segundo informou este luns o Instituto Armado.
Tras a detención, os axentes que participaron no dispositivo despregado en Xinzo de Limia levaron a cabo un rexistro no domicilio do arrestado, onde se incautaron de catro discos duros externos, un lapis de memoria, 34 DVD, un portátil e dous teléfonos móbiles.
O Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia fíxose cargo da investigación do caso.