Detida unha parella en Vigo por coarse nun barco amarrado para facer unha festa
Os intrusos pasaron dous días no barco e produciron estragos por máis de 6.000 euros
Unha parella foi detida en Vigo por coarse no Náutico nun dos barcos atracados para celebrar unha festa privada. A embarcación quedou chea de restos da celebración e presenta danos no mobiliario interior, que xa foron denunciados.
O propietario da embarcación atopou a parella bañándose espida no mar, pero pensa que dentro do barco houbo máis persoas. "Romperon o microondas, a varanda, defecaron e ensuciaron. É dicir, deberon facer unha festa incrible".
A parella foi detida e o dono do barco presentou denuncia por invasión de propiedade privada. O incidente ocorreu este luns, na véspera da chegada simultánea ao porto de Vigo de cinco transatlánticos cheos de turistas.