Investigan se un asasinato en Carballo está relacionado cun alixo de 5 quilos de cocaína
O alixo atopouse agochados nos asentos dun coche

A Policía Nacional detivo nunha peaxe da autoestrada AG-55, en dirección Carballo (A Coruña), un home que transportaba no seu vehículo 5 quilos de cocaína escondidos tras os asentos dianteiros do seu coche.
Esta detención enmárcase dentro dos controis periódicos que os axentes realizan nas rutas de acceso a Galicia co obxectivo de detectar transporte de substancias estupefacientes e, froito da coordinación de información entre a Policía e os funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria púidose comprobar que un dos vehículos sobre os que existían sospeitas estaba a abandonar Galicia pola A-6.
Ao seu regreso, ese mesmo día, o coche foi interceptado nunha peaxe da AG-55, onde se atoparon máis de 5 quilos de cocaína tras un "elaborado" sistema de ocultación artesanal detrás dos asentos dianteiros.
Estímase que, na súa venda por dose, a cocaína que foi intervida nese control alcanzaría un valor no mercado ilícito de case un millón de euros. Por todo iso, o condutor do coche foi detido e posto ao dispor do Xulgado de Instrución número 2 de Carballo, en funcións de garda.
A droga foi interceptada horas antes do asasinato a tiros dun home de Carballo polo que se investiga se os dous feitos están relacionados. Precisamente a xuíza que leva o caso, autorizou a repatriación á Republica Dominicana, país de onde era o falecido.