Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Vigo por abusar sexualmente dunha menor

Detido en Vigo por abusar sexualmente dunha menor

O home contactara con ela por redes sociais

G24.gal 16/02/2024 13:48 Última actualización 16/02/2024 20:59

A detención do presunto agresor sexual dunha menor produciuse no seu domicilio dunha céntrica rúa de Vigo. A nai presentouse na vivenda sospeitando que había algo estraño na relación que a rapaza confesou ter cun mozo.

Alí comprobou os seus temores e chamou a Policial Local. Os axentes confirmaron que en realidade o home tiña 37 anos e utilizaba un nome falso. Engadara á rapaza en Instagram facéndose pasar por alguén moito máis novo e comezou a ter relacións con ela hai ano e medio, cando acababa de facer 14 anos.

Os policias locais detiveron o home como presunto autor dun delito de agresión sexual a unha menor e trasladárono a dependencias da Policia Nacional.

Tamén activaron o protocolo neste tipo de delitos levando a rapaza ao Hospital Álvaro Cunqueiro para que os médicos forenses de garda lle fixeran as probas necesarias.

A rapaza tería entre os catorce e os dezaseis anos e ao parecer o home xa foi reprendido nalgunha ocasión na rúa e no mercado por pretender facer fotos a menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade