Cargando resultados...
Detido tras unha persecución policial e cun positivo no control de alcolemia
O protagonista, nado en Cangas, escapaba dun control da Policía Local, que lle deu o alto en Marín
A persecución policial dun condutor rematou co coche calcinado

G24.gal
17/12/2023 10:30
Última actualización 17/12/2023 10:58
Persecución policial desde Marín ata Bueu, que rematou co vehículo estrelado, calcinado e co conductor detido por superar a taxa de alcolemia. A persecución policial dun condutor rematou co coche calcinado.
O protagonista, nado en Cangas, escapaba dun control da Policía Local, que lle deu o alto en Marín. Alí foi onde se iniciou á primeira hora da tarde unha persecución que rematou en Bueu. Perdeu o control do coche nunha rotonda e o vehículo rematou calcinado. Os axentes detiveron o condutor, que deu positivo na proba de alcolemia.