Cargando resultados...
Detido un home por agredir un cura na Catedral de Santiago
Segundo varias testemuñas, tamén emitiu varias ameazas e berros contra a Igrexa

G24.gal
11/07/2023 13:03
Última actualización 11/07/2023 20:28
O arrestado é un home de 44 anos que supostamente lle deu unha puñada ao crego e tratou de atacalo cun obxecto punzante no pescozo, mentres este daba a comuñón.
Persoal de seguridade da Catedral deu aviso á policía de que tiñan retida a unha persoa que acababa de agredir o sacerdote na cara e no pescozo.
Ademais, as mesmas fontes tamén aseguraron que o presunto agresor golpeou o cura cun obxecto punzante que, ao parecer, era un portaminas.
O relixioso non sufriu feridas graves, pero denunciou os feitos na comisaría. O detido xa foi posto a disposición xudicial.