Cargando resultados...
Detidos dous agresores sexuais de menores
Gravaban as agresións sexuais e subían os vídeos á Rede

G24.gal
04/05/2022 20:22
Última actualización 04/05/2022 20:39
A Policía Nacional detivo dous agresores sexuais de menores, un en Sevilla e outro en Valencia, que gravaban en vídeo os abusos e logo os subían a Internet.
O detido en Sevilla está acusado de abusar do seu neto, de só 13 meses de idade. A policía conseguiu dar cos detidos tras seguir a súa pegada nos vídeos publicados na chamada 'web escura'.
Tras rexistrar as súas vivendas, os axentes atoparon numerosas evidencias para proceder á detención dos dous homes.