Cargando resultados...
Detidos dous menores pola súa presunta relación cunha violación grupal dunha menor
O fiscal de Menores pide como medida cautelar o internamento en réxime pechado dos arrestados

G24.gal
22/09/2023 20:40
Última actualización 22/09/2023 20:52
Detidos dous menores de idade en Badalona pola súa presunta relación cunha violación en grupo dunha menor.
Os arrestados están xa á disposición da Fiscalía de Menores de Barcelona. O fiscal pide como medida cautelar o internamento en réxime pechado dos dous detidos, que teñen 14 e 16 anos.
Os investigadores non descartan máis detencións porque na violación grupal participaron máis persoas. Os feitos tiveron lugar no mes de xuño nun descampado da cidade.
