Cargando resultados...
Dez anos de pontificado do Papa Francisco
Unha década en que intentou introducir reformas para facer unha igrexa máis moderna e máis transparente
G24.gal
23/03/2023 21:30
O 13 de marzo cumpriuse unha década desde a elección de Jorge María Bergoglio como o Papa 266 da igrexa católica.
Francisco deu mostras de cambio desde o principio. Nestes dez anos de pontificado abordou temas como a homosexualidade, o celibato ou a pederastia dentro da igrexa.
E introduciu cambios para facer unha institución máis transparente e moderna.