Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día de regreso á rutina despois da desconexión do verán

Día de regreso á rutina despois da desconexión do verán

Algúns volven con enerxía renovada e outros con baixón posvacacional

Os expertos recomendan recuperar as rutinas de xeito gradual

 

 

 

G24.gal 02/09/2024 14:30

Luns de espertadores, tráfico e oficinas. A rutina regresa despois da desconexión do verán. E non todos o levan co mesmo humor.

"Non teño gana ningunha, estou mellor no verán".

"Volver á normalidade é un 'rollo'".

"Eu estou contento, gústame o traballo".

"Non te podes amargar, quedan moitos días por diante".

Para non caer no baixón posvacacional o mellor é recuperar os hábitos gradualmente.

"Non dar salto, hai que ir empezando a madrugar e coller rutina aos poucos".

Unha transición suave, como a que vemos nos escaparates. Algúns visten xa de outono, mentres que noutros aínda se liquidan os restos de tempada. 

"Hai verán aínda, dentro dunha semana empezarei a poñer o calzado de outono no escaparate".

"Case non houbo tempo de verán e xa están cos abrigos nalgunhas tendas, non me gusta nada".

Coma elas son moitos os que non queren dar por acabado o verán. De feito para algúns este luns é o primeiro día de vacacións.

"Agora todos regresan á normalidade e eu gozo en setembro, e con todo máis despexado".

E mentres el descansa, os demais apuran o regreso ao traballo e aos vellos propósitos, cun aumento exponencial nas matriculacións dos ximnasios.

"Eu sempre me matriculo, vou tres días e logo nada, deixo de ir e sigo pagando".

E é que, tanto para o exercicio como para a volta ao traballo, o importante é conceder un período de graza para a adaptación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos