Domingo de contrastes térmicos en Galicia
En Ourense, os termómetros rozaron os 40 graos
Brétemas matinais e temperaturas próximas aos 20 graos en Vigo
Tempo de contraste entre o interior e a costa. Mentres en Ourense chegaron aos 39 graos, nas Rías Baixas a néboa estragou o día de praia. Nos areais, houbo quen se atreveu a bañarse, pero tamén quen preferiu quedar no paseo coa chaqueta posta.
Á beira do Miño tocou refrescarse na auga para escapar das elevadas temperaturas. A conca do Miño por Ourense e a comarca de Vadeorras volveron ao aviso amarelo por máximas superiores aos 36 graos.
O domingo á tarde, como un espellismo, a chuvia caeu con forza na cidade das Burgas, pero pouco ou nada cambiou. A alerta por temperaturas elevadas volverá activarse nas mesmas zonas as vindeiras xornadas.