Dous anos de sanción para un dos agresores do partido de veteranos de Meicende
Outros catro implicados foron sancionados con varios partidos de suspensión

O Comité de Competición e Disciplina da Federación Galega de Fútbol (RFGF) acordou este mércores sancionar aos implicados na pelexa que se produciu no encontro entre o Campanal e o Silva S. D., da Terceira Galicia de Veteranos o pasado domingo en Meicende (Arteixo)
O organismo determinou impoñer a sanción máis alta -dous anos de suspensión- para Marcos Antonio Andrade, do Campanal de Loureda, por “agredir a outros levando a cabo a acción con inequívoco propósito de causar dano e orixinando lesión de especial gravidade -cava da mandíbula-”.
A Iván Moreira e Edwin Leiva, xogadores do Silva, impúxolle 10 partidos de sanción por “agredir a outro, sen causar lesión, ponderándose como factor determinante do elemento doloso, necesario nesta infracción, a circunstancia de que a acción teña lugar estando o xogo detido”. Guzmán Melgarejo e José Pereira, ambos xogadores do Silva, foron castigados con oito partidos.
Contra esta do Comité de Competición e Disciplina da Federación Galega de Fútbol (RFGF) resolución poderá impoñerse recurso ante o Comité de Apelación da federación galega.