Dous casos de salmonela en España asociados aos produtos de chocolate kinder
Hai outros tres casos sospeitosos no país que están en estudo
Desde que comezou o gromo detectáronse 370 casos na Unión Europea

En España hai dous casos confirmados de salmonelose asociados aos produtos de chocolate Kinder. Estes artículos de alimentación foran elaborados na fábrica de Bélxica que pechou a comezos de abril, segundo confirmou o Centro Europeo para o Control de Enfermidades (ECDC).
Hai outros tres casos sospeitosos no país que están en estudo. Desde que comezou o gromo detectáronse 370 casos na Unión Europea, 445 no mundo e outros 22 probables.
O ECDC advirte de que este gromo de salmonelose ten unha "alta proporción" de casos hospitalizados, ao redor do 40 %, e algúns presentan síntomas clínicos graves, como diarrea con sangue.
O centro europeo apunta que as autoridades de saúde pública e seguridade alimentaria están levando a cabo novas investigacións nos países con casos para "identificar a causa e o alcance da contaminación e garantir que os productos contaminados non se comercialicen".