Cargando resultados...
Dous detidos por un asalto con agresión e roubo en Portosín, na Barbanza

G24.gal
14/08/2022 12:54
A Garda Civil detivo dous homes como supostos autores dun asalto con agresión e roubo en Portosín, no concello de Porto do Son.
Os arrestados, conforme a denuncia presentada pola vítima, asaltaron outro home, ao que abordaron polas costas, tirárono ao chan e roubáronlle 400 euros.
A investigación levou ata os agora detidos, un residente en Portosín e o outro en Ponteareas, aos que recoñeceu a vítima.
Impútanlles un delito de roubo con violencia e outro de lesións e o xulgado decretou unha orde de afastamento de 300 metros respecto ao agredido.