Cargando resultados...
Dous feridos nunha pelexa ás portas dunha discoteca en Ourense
Un deles tivo que ser operado de urxencia en Vigo

G24.gal
07/06/2024 16:09
En Ourense, dúas persoas quedaron feridas graves tras ser acoiteladas durante unha pelexa.
O suceso ocorreu ás portas dunha discoteca situada na rúa Doutor Fleming.
Un dos feridos tivo que ser trasladado de urxencia a un hospital de Vigo onde se lle practicou unha cirurxía torácica.