Dous feridos tras estrelarse un helicóptero Pegasus de Tráfico en Madrid
O piloto e un funcionario da DXT poderían estar feridos, pero descoñécese a gravidade
A aeronave realizou unha aterraxe de emerxencia en Robledo de Chavela

Un helicóptero Pegasus da Dirección Xeral de Tráfico sufriu un aparatoso accidente cando trataba de realizar unha aterraxe de emerxencia na localidade madrileña de Robledo de Chavela.
O incidente deixa dous tripulantes feridos, o piloto e un funcionario, aínda que de levidade, informa o sindicato Unificado da Garda Civil na súa conta oficial de Twitter.
O accidente tivo lugar no municipio de Robledo de Chavela, en Madrid, ao redor das 13:00 horas, cando o piloto trataba de realizar unha aterraxe de emerxencia por causas que aínda se están investigando.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse os bombeiros e os servizos de emerxencias sanitarias que traballan na zona.
Desde AUGC deseamos una muy pronta recuperación de los tripulantes del helicóptero de la #DGT #Pegasus que ha sufrido un aparatoso accidente al estrellarse el mismo está mañana en Robledo de Chavela. pic.twitter.com/Xm8kn4qKmV
— AUGC Guardia Civil (@AUGC_Comunica) March 5, 2023