Cargando resultados...
Dous rescates con helicóptero en menos de 24 horas nun río da Pobra
Ambos os dous esvararon e caeron nas rochas, un deles desde 25 metros de altura
Imaxe dun dos rescates
G24.gal
06/08/2024 15:59
Realizáronse dous rescates en menos de 24 horas nas piscinas naturais do río das Pedras, na Pobra. En ambos os dous foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca 1 para evacuar as vítimas.
Os dous bañistas esvararon e caeron na zona das rochas. Un deles sufriu unha caída de 25 metros que conseguiu frear agarrándose a unha árbore.
O rescate nesta zona adoita ser moi complicado, pois para chegar ata as piscinas desde o último sitio onde se pode acceder en coche é necesario camiñar máis dunha hora.