Cargando resultados...
Dúas mulleres quedaron feridas ao impactar un coche cunha terraza dun bar na Merca
Unhas atropeladas resultou ferida de consideración
O condutor do coche puido despistarse na manobra
G24.gal
22/03/2023 15:52
Última actualización 22/03/2023 21:23
Co suceso do atropelo mortal na terraza de Vilaboa aínda moi fresco, outro coche volvía irse contra outra terraza. Desta volta foi na Merca.
O coche estaba estacionado preto do bar, ao arrancar, parece que o condutor puido confundir a marcha e acabou batendo contras as mesas e as cadeiras.
O condutor ten uns 80 anos e resultou ileso, pero quedou moi afectado.
Na terraza había tres mulleres, a unha deulle tempo a escapar do coche, ás outras dúas non, fóronlle enriba as mesas e as cadeiras.
Tiveron que ser trasladadas ao hospital, unha delas con feridas de consideración. Os danos materiais causados polo accidente, foron, segundo a dona, escasos.