Empeza nas Filipinas o xuízo pola morte de Diego Bello
Tres policías están acusados de asasinato e de manipulación da escena do crime
Na primeira xornada declarou unha experta en balística

Nas Filipinas comezou xuízo pola morte de Diego Bello, o galego morto a tiros en 2020. Tres policías están acusados de asasinato e de manipulación da escena do crime. Nesta primeira xornada declarou unha experta en balística.
O xuízo continuará o 21 de novembro. O xulgado ten previsto celebrar dúas vistas cada mes. Os tres acusados están na cadea desde febreiro, data que se entregaron tras estar fuxidos.
A investigación desmontou a súa versión de que mataran a Diego Bello en defensa propia nunha operación contra o narcotráfico na que ían detelo. Nas Filipinas comezou xuízo pola morte de Diego Bello, o galego morto a tiros en 2020.