En estado grave unha muller apuñalada en Tenerife
O cadáver da súa parella apareceu nun barranco próximo

En Tenerife unha muller atópase en estado grave tras ser apuñalada en varias ocasións presuntamente pola súa parella.
Os feitos aconteceron durante o domingo á mañá despois dunha discusión entrambos, no núcleo de Camino Chasna, no municipio da Orotava.
Fontes da Garda Civil aseguran que a muller acudiu á casa dunha veciña para pedirlle axuda. Alí foi atendida por persoal sanitario e trasladada posteriomente a un centro hospitalario.
O home fuxiu do lugar. O seu cadáver foi localizado horas máis tarde nun barranco próximo. A Garda Civil investiga o sucedido como un presunto caso de violencia machista.
Lembren que hai un número de teléfono, o 016, onde denunciar estes casos. É de balde e non deixa pegada na factura, aínda que é preciso borralo do rexistro de chamadas.