Cargando resultados...
Os actos vandálicos en Redondela custan ao Concello más de 65.000 euros ao ano
Dende o Concello fan un chamamaneto á colaboración cidadá na denuncia de calquera actividade sospeitosa para protexer un patrimonio que é de todos
G24.gal
04/10/2024 13:33
Pintadas, rotura de balaustradas e mesmo farois estragados por disparos de escopetas de aire comprimido. Son algúns dos ataques recorrentes ao mobiliario urbano rexistrados en Redondela.
Dende o Concello fan un chamamento á colaboración cidadá na denuncia de calquera actividade sospeitosa para protexer un patrimonio que é de todos. Algúns cidadáns apostan por unha maior presenza policial, porén son conscientes de que é un problema de educación e civismo.
Os comportamentos incívicos supoñen un gasto de máis de 65.000 euros ao ano para o Concello de Redondela.