Publicador de contidos

Publicador de contidos

España amplía a segunda dose de reforzo aos menores de 60 anos que a soliciten

España amplía a segunda dose de reforzo aos menores de 60 anos que a soliciten

Non existe contraindicación para os menores de 60 sen factores de risco

Recómendase tamén a vacina pediátrica aos nenos de entre 6 e 59 meses que presenten condicións de risco

G24.gal 15/12/2022 19:03

Coa nova actualización do plan de vacinación, os menores de 60 anos que queiran poñer a segunda dose de reforzo contra a COVID-19 poderán facelo. Calquera motivo é válido para solicitala; por exemplo, viaxes, traballo, razóns administrativas ou convivir con persoas en condicións de risco. 

Ata agora este reforzo estaba reservado para os maiores desa idade, pero segundo a Comisión de Saúde Pública non existe contraindicación para que os menores de 60 sen factores de risco poidan recibir a vacina. 

Así se acordou na reunión este xoves, na que tamén se aprobou recomendar a vacina pediátrica a aqueles nenos e nenas de entre 6 e 59 meses que teñan condicións de risco. Ata o momento, estábase destinando aos menores de entre 5 e 11 anos. 

A Comisión de Saúde Pública reitera o seu chamamento ás persoas para vacinarse, tanto ás que teñen a pauta incompleta coma ás que aínda non o fixeron. Con todo, a súa mensaxe céntrase nos grupos de risco é nos máis vulnerables, aos que volve chamar para poñer a cuarta dose.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade