Cargando resultados...
Esquecen un neno de catro anos nun autobús escolar de Meira
Ninguén se decatou de que non baixou no colexio e acabou saíndo do vehículo cando parou nunha gasolineira

G24.gal
29/09/2022 11:48
Un cativo de catro anos botou unha hora no autobús escolar porque se despistou e non baixou no colexio. Ninguén se decatou, nin o acompañante escolar nin o condutor. Así que, o chofer seguiu o seu camiño co neno dentro, sen sabelo.
Cando unha hora despois parou a carón dunha gasolineira, o neno aproveitou para saír do autobús pola porta do condutor. Vírono os veciños, auxiliárono e levárono eles mesmos ao centro.
A familia renunciou a presentar denuncia porque ao final non lle pasou nada e todo quedou nun susto.