Cargando resultados...
Este é o momento de poñer trampas para frear as velutinas
Un bo trampeo primaveral pode supoñer reducir case un 75 por cento os niños
.png)
G24.gal
20/03/2024 15:58
Última actualización 20/03/2024 16:15
Chega a primavera e con ela toca facer fronte ás velutinas. Este ano adiantaron a súa incursión en hortas e xardíns.
Atrapar as raíñas na primavera é fundamental porque é cando comezan o seu ciclo biolóxico. Dende agora e ata o mes de maio é un bo momento para facer trampas caseiras. E canto antes se coloquen, mellor.
.png)
Un bo trampeo primaveral pode supoñer reducir case un 75 por cento os niños, de aí que a colaboración de todos é fundamental.
