Contido coa etiqueta .
Velutinas

Alertan da aparición dun aniñadoiro de avespas asiáticas no parque de Abella, en Lugo
28/11/2024 14:04
Coas altas temperaturas deste outono, permaneceron máis activas
Recoméndase manter a distancia e dar aviso no número de atención á cidadanía, o 012

Evacuado en helicóptero medicalizado un home picado por unha velutina en Lalín
28/08/2024 13:42
A vítima traballaba nunha corta de madeira no monte do Carrio

As velutinas, un risco engadido aos traballos forestais
25/08/2024 14:26
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral recomenda revisar o terreo por se hai niños de velutinas antes de comezar os traballos no monte
As vespas protexen o niño a unha distancia de 5 metros, polo que non se debe traspasar ese perímetro

Constatan o descenso no número de niños de velutina este verán
19/08/2024 14:11
Os bombeiros de Ourense retiraron de xuño a agosto 40 niños ao mes, fronte aos 120 cada mes do ano pasado
Unha primavera chuviosa e fría e as trampas colocadas para capturar raíñas, claves no retroceso da avespa asiática

Os avisos de niños de avespa velutina baixaron un 60 % no primeiro semestre
05/07/2024 13:47
A diminución débese á retirada dos niños primarios e o trampeo
Instaláronse 20.000 trampas e capturáronse 113.000 raíñas

Os socialistas denuncian que a Xunta incumpre o protocolo sobre velutinas
22/06/2024 12:27
O PSdeG sinala que se instalaron menos da metade das trampas contra esta praga das que anunciara o Goberno galego

A loita contra a avespa velutina en Taboada dá os seus froitos
03/05/2024 13:50
Os veciños colocaron un milleiro de trampas e capturaron unhas 2.000 raíñas nun mes

Esta primavera repartíronse en Galicia máis de 7.000 trampas contra as velutinas
28/04/2024 13:40
Adiantar a retirada dos niños é unha das medidas do Plan de vixilancia e control acordado entre a Xunta e a Fegamp
A Asociación Galega de Apicultura vai probar un novo método de loita contra a avespa asiática nesta campaña

Unha apicultora de Verea regala trampas para velutinas
26/04/2024 14:27
Ela mesma ten colocadas unhas 200 trampas, pero asegura que non é dabondo para protexer as súas colmeas

Lalín pon en marcha un plan pioneiro contra as velutinas
24/04/2024 14:59
Colocará 284 trampas repartidas por diferentes parroquias
O repartimento farase en función dos avisos recibidos a Emerxencias no ano anterior

O plan de loita contra a velutina de Medio Rural conta coa adhesión dos 313 concellos
18/04/2024 21:48
As medidas principais son a retirada de niños, o trampeo selectivo e un proceso de información, divulgación e investigación
Os traballos de trampeo céntranse na captura das raíñas que, ao comezo da primavera, saen na procura de alimento e comezan a construír os primeiros niños

Crean en Vilalba unha chaqueta lixeira que evita as picadas das avespas asiáticas
03/04/2024 14:11
Os profesionais e os particulares agora tamén poderán protexerse dos ataques da velutina
O novo equipo de protección está especialmente deseñado para labores coma rozas ou cortas

Medio Rural desprega unha rede de trampas xeolocalizadas para velutinas
02/04/2024 14:26
Son selectivas para evitar que caian nelas os insectos que son importantes para o ecosistema
Están destinadas a capturar as avespas velutinas raíñas, que nesta época están a construír os niños primarios

A Xunta coloca trampas xeolocalizadas contra as velutinas
29/03/2024 18:18
Póñenas nos mesmos lugares se atoparon niños en anos anteriores
O obxectivo é atrapar as raíñas, que a principio da primavera comezan a construír os primeiros niños
.png)
Este é o momento de poñer trampas para frear as velutinas
20/03/2024 15:58
Un bo trampeo primaveral pode supoñer reducir case un 75 por cento os niños

Velutinas xa en febreiro para coidar as raíñas, non pola calor
15/02/2024 21:07
Os expertos din que é fundamental colocar trampas

20 anos despois da súa chegada a Europa, a vespa velutina segue en fase de expansión
11/02/2024 11:49
A Galicia chegou no 2012, e desde entón xa colonizou practicamente todo o territorio galego
Veu nun barco procedente da China e Bordeos foi o primeiro lugar onde se detectou

Vinte anos convivindo coa velutina, asentada xa en todo o territorio
31/01/2024 20:01
Os apicultores ven urxente investigar novas estratexias preventivas

Falece un home de maneira repentina en Dumbría por picadas de velutinas
24/11/2023 16:40
O irmán do implicado, que o acompañaba no monte de Figueroa, apunta que lle picaron unhas velutinas

Preocupación por un niño xigante de avespa velutina no Saviñao
16/10/2023 19:24
Un veciño do lugar de Augalevada, alérxico ás avespas, teme pola súa vida

O cambio climático e a velutina minguan a produción de mel
07/10/2023 15:30
Os produtores prevén caídas nos beneficios de ata un 50 %
Os produtores piden desvincular as axudas contra a velutina do Plan Apicola Nacional

Alertan da presenza dun niño xigante de 'velutina' en Lugo
26/09/2023 19:38
Os veciños de Rosende sofren as picadas das avespas, que criaron dentro dunha casa

Este é un dos veráns con máis niños de velutina
05/09/2023 14:23
A eliminación dos niños debese deixar en mans expertas mediante unha chamada ao 012

A loita dun xubilado de Palas contra a avespa asiática
02/09/2023 21:54
Envía velutinas con veleno aos niños para que morra o enxame

O avance das velutinas na provincia de Ourense
31/08/2023 14:48
Nun niño de velutinas pode haber ata 15.000 obreiras e unhas 300 raíñas

Falece un veciño de Melón polas picadas de avespas velutinas
26/08/2023 21:27
Ocorreu na localidade do Coruxal e toda a veciñanza está moi preocupada pola presenza das avespas asiáticas
O home, de 71 anos, estaba trasladando o mel das súas colmeas cando sufriu o ataque dos insectos
Malia o esforzo dos equipos médicos non puideron salvarlle a vida
A poboación, a maioría de idade avanzada, está alarmada e pide que retiren polo menos cinco niños

Unha muller de 83 anos vive atemorizada polas velutinas despois de que a atacaran
25/08/2023 14:14
Levantou un avespeiro cando limpaba as ortigas da leira e recibiu picadas múltiples nos brazos e ombros
Aínda convalecente e a tratamento polo ataque, descubriu outro niño de velutinas na casa

Retíranlle dous niños de velutinas da casa despois dun mes convivindo con elas
22/08/2023 13:59
Unha veciña de Outeiro de Rei convivía con dous niños de velutina que ten na súa propiedade, un deles dentro da súa propia vivenda

Temor dunha familia de Lugo pola presenza dun niño de velutina na vivenda
14/08/2023 13:26
O enxame leva máis dun mes instalado nun pendello
Non poden acceder á horta nin encher a piscina

Unha escopeta de balotes para loitar contra a velutina en Ferrol
13/08/2023 19:39
Coa carabina é máis sinxelo neutralizar niños inaccesibles

Unha escopeta para eliminar os niños de velutina máis inaccesibles en Ferrol
10/08/2023 09:36
Os balotes énchense dun produto que inunda o niño e acaba cos individuos que hai no interior

Aumenta o número de avisos por niños de velutina
30/06/2023 13:58
O maior pico de actividade desta especie invasora agárdase para agosto

Amplíase o horario do teléfono 012 para atender incidencias da velutina
28/06/2023 19:17
Do 15 de xullo ao 15 de setembro o teléfono estará operativo todos os días de 8:00 a 20:00
No primeiro semestre retiráronse 2.000 niños

Os apicultores protestan en Madrid en defensa do mel e piden axudas
09/03/2023 14:32
O sector dá traballo a unhas 30.000 familias en toda España que ven perigar o seu futuro polos efectos climáticos e o incremento dos custos de produción

Cosmética, doces ou bebida, alternativas para facer máis rendible o mel
02/12/2022 20:58
O ataque das velutinas e a climatoloxía afectan a produción de mel en Galicia, que leva varios anos á baixa
A innovación e a diversificación de produtos permiten obter un maior rendemento do mel

As velutinas non dan tregua nin aos edificios históricos
21/09/2022 20:36

A calor fixo que este ano houbese máis avespas velutinas
05/09/2022 21:13
Son unha especie que se adaptou á humidade e temperatura de Galicia
A mellor forma de eliminalas é mediante o trampeo e eliminación dos niños

Esta familia tivo que fuxir da casa por un niño de velutinas no faiado
30/08/2022 21:32

A velutina estraga parte da colleita da Indicación Xeográfica Viños da Terra da Barbanza e Iria
30/08/2022 13:56
A variedade máis afectada é a raposo, a que primeiro madura
O ataque da velutina tamén afecta a outras castes, como treixadura e albariño

Sofre numerosas picadas de avéspora asiática tras tocar un niño tapado pola maleza
29/08/2022 13:59
Estaba a rozar unha leira no concello de Padrón e as velutinas botáronse nel cando o tractor tocou o niño situado no chan