Remata o xuízo do Alvia: os dous acusados terán dereito á última palabra
A vista oral conclúe a mesma semana en que fai os dez anos da traxedia
A aseguradora de Adif atribúe á de Renfe a "persecución" contra Cortabitarte

O maquinista do Alvia accidentado en Angrois, Francisco Garzón, e o director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, volverán coincidir este xoves na última xornada polo xuízo do accidente na curva da Grandeira.
Ponse fin así a dez meses de vista oral.
Tras oír as conclusións da Fiscalía, acusacións populares, acusacións particulares, Avogacía do Estado, Renfe e as aseguradoras, este xoves será a quenda das defensas para expoñer os últimos argumentos e os dous acusados terán dereito á última palabra.
O xuízo estivo marcado nas últimas semanas polo cambio de postura do representante do Ministerio Público, que retirou a súa acusación conta o exresponsable de seguridade e só a mantén contra o maquinista.
Esta decisión foi criticada polo resto das partes, agás pola Avogacía do Estado, que representa a Adif, e polo seguro de esta empresa pública.
A recta final do xuízo tamén coincidiu co décimo aniversario da traxedia.
As vítimas e os seus familiares manifestáronse estes días en Santiago para homenaxear os falecidos,esixir xustia e denunciar as "mentiras" e a "razón de estado" que ven presentes ao longo de todo este tempo na vista oral.
Lembramos que tanto Francisco Garzón coma Andrés Cortabitarte están acusados de 80 homicidios e 145 delitos de lesións por imprudencia profesional grave.