Exhibición solidaria da Garda Civil nas Somozas
Os axentes amosaron os segredos do seu traballo
Os cans da unidade canina foron os protagonistas
Zero ten oito anos e é o axente canina que detecta droga. Wasco ten 2 anos e el detecta explosivos.
Un total de 533 alumnos, de 11 colexios da comarca de Ferrolterra, O Eume e O Ortegal tamén presenciaron en vivo o arresto dun alienado que ameazaba cunha arma branca. Tamén o rescate dunha persoa sobre un río mediante o recurso de poleas.
Amais, no exterior do pavillón aterrou un helicóptero que causou sensación entre os escolares. Pero tamén puideron tocar todo o material que os axentes empregan no seu día a día e mesmo subir aos vehículos.
Unha exhibición que tivo tamén a súa parte solidaria. Os alumnos colaboraron cun quilo de alimentos non perecedoiros que se van doar á Cociña Económica de Ferrol.
Nas demostracións participaron 41 efectivos de 11 especialidades.