Cargando resultados...
Falece Amador de Castro, histórico directivo de Astano e Inditex e fundador das ITV galegas
A súa familia asegura que ten a intención de seguir traballando na fundación que leva o seu nome e que axuda a paliar os efectos do alzhéimer

G24.gal
23/12/2024 09:30
Falece o empresario Amador de Castro, histórico directivo de Astano e Inditex e fundador das ITV galegas. O alzhéimer afastouno da actividade empresarial hai varios anos.
Precisamente, a familia de Amador de Castro asegura que ten a intención de seguir traballando na fundación que leva seu nome e que axuda a paliar os efectos desta enfermidade.