Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece aos 75 anos Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura con Manuel Fraga

Falece aos 75 anos Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura con Manuel Fraga

Pérez Varela ocupou o cargo de conselleiro de Cultura e Comunicación Social entre os anos 1997 e 2005 

G24.gal 16/01/2025 10:50 Última actualización 16/01/2025 20:10

O exconselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Xesús Pérez Varela, faleceu este xoves aos 75 anos debido a un cancro que padecía dende hai tempo.

Pérez Varela ocupou o cargo de conselleiro de Cultura e Comunicación Social entre os anos 1997 e 2005 durante a administración de Manuel Fraga. Antes diso fora deputado no Parlamento Galego polo Partido Popular de Galicia e secretario xeral de Comunicación da Xunta.

Incorporarase á Xunta en 1990 para ocupar o posto de director do Gabinete de Comunicación. Cando no ano 1997 chega á Consellería de Cultura sucede no posto a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, quen puxera en marcha a celebración do primeiro Ano Xacobeo en 1993. Pérez Varela tivo entón a responsabilidade de consolidar o evento nos sucesivos celebrados en 1999 e 2004.

Amais, xunto a Manuel Fraga, foi o grande impulsor da construción da Cidade da Cultura de Galicia, que iniciou as obras no ano 2001.

Natural de Redondela, antes de iniciar a súa carreira política traballara como xornalista nunha longa carreira profesional durante a que pasou por varios medios, principalmente fóra de Galicia, chegando a ser director do xornal El Imparcial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar