Cargando resultados...
Falece o xornalista Juan Pablo Colmenarejo
Morreu tras sufrir un infarto cerebral

G24.gal
23/02/2022 21:33
Faleceu aos 54 anos o xornalista Juan Pablo Colmenarejo. O xornalista radiofónico sufriu onte un infarto cerebral, e estaba ingresado en estado grave no hospital, onde faleceu esta tarde.
Colmenarejo traballou en varios medios nacionais, entre eles a Cadena Cope, Onda Cero ou o ABC. Nos últimos anos traballaba en Onda Madrid.