Contido coa etiqueta .
Xornalismo

Gonzalo Pérez Jácome substitúe as conferencias de prensa por directos en Youtube
04/12/2024 17:28
O PSdeG advertiu que non convocar os medios representa "un ataque aos dereitos da cidadanía e ao labor dos xornalistas"
Os directos son emitidos na súa canle de televisión privada, Auria Televisión

Israel acusa seis xornalistas de Al Jazeera en Gaza de ser "axentes" de Hamas
23/10/2024 17:56
O exército asegura que atopou documentos no enclave, que supostamente probarían a súa relación coas milicias palestinas
Acúsaos de ser "altofalantes da propaganda de Hamas" a través desta canle de televisión qatarí, que está prohibida en Israel desde o mes de abril

Assange: "Son libre porque me declarei culpable de facer xornalismo"
01/10/2024 11:05
O fundador de WikiLeaks rompeu o seu silencio este martes en Estrasburgo logo de 12 anos en prisión
Assange di que o seu principal obxectivo agora é readaptarse á vida en liberdade, que inclúe cousas "complicadas como volver ser un pai dun fillo que creceu sen min e volver ser un marido"

Israel confisca equipos e invade a oficina de Al Jazeera na Cisxordanía ocupada
22/09/2024 08:54
A oficina de medios do Goberno en Gaza fai un chamado ao sector para solidarizarse coa cadea en defensa da liberdade de prensa

Falece Magar, fotógrafo que deixa un dos maiores fondos de imaxes de Vigo
02/08/2024 10:59
Manuel García Castro, 'Magar', estivo ligado ao xornal Faro de Vigo desde os anos 60 ata a súa xubilación, no ano 2000

Morre aos 79 anos o xornalista Enric Sopena, fundador de El Plural
07/07/2024 22:28
O comunicador falecido en Madrid tamén foi xefe dos Servizos Informativos de TVE e director de Radio Nacional de España

Falece Victoria Prego, a xornalista de ascendencia galega que retratou a Transición
01/05/2024 11:08
Nacida en Madrid hai 75 anos, iniciara a súa carreira xornalística en RTVE en 1973
Ao longo de case 50 anos de profesión entrevistou importantes personaxes da vida política, económica, social e cultural de España e destacou como cronista do tránsito entre a ditadura e a democracia

Joe Biden celebra o labor da prensa, mentres critican na rúa o seu apoio a Israel
28/04/2024 09:06
Na cea de correspondentes da Casa Branca pediulles aos profesionais evitar o sensacionalismo na cobertura política
Centros de manifestantes pedíronlle un cambio de postura na ofensiva contra Gaza e honraron os xornalistas falecidos na guerra

A obra do mítico fotoperiodista Bernardo Pérez recala en Ferrol
27/03/2024 21:46
Traballa no diario El País dende a súa fundación e tirou instantáneas por todo o mundo
Falamos con el percorrendo a mostra, que permanece aberta no Centro Torrente Ballester ata o 7 de abril

O escritor galego Luis García-Rey, premio Primavera de Novela por 'Loor'
23/02/2024 12:25
O relato premiado é un thriller contemporáneo ambientado en Madrid "esplendidamente urdido" e cunha "atípica parella de protagonistas envolta nunha trama en que se poñen de relevo cuestiones polémicas moi actuais"
O galardón está dotado con 100.000 € e a editorial Espasa encárgase da publicación da obra
García-Rey é xornalista deportivo e debutou como novelista con Axel, unha novela negra ambientada en Vigo e Madrid

Os xuíces que decidirán sobre a extradición de Assange retíranse a deliberar
21/02/2024 17:35
Este mércores remataron os dous días de audiencias en que a defensa e a fiscalía expuxeron os seus argumentos en contra e a favor da extradición aos Estados Unidos

A RAG sobe ao arquivo dixital os fondos da escritora Sofía Casanova
17/01/2024 11:52
A coruñesa foi unha das primeiras mulleres españolas que exerceron como correspondentes de guerra
A súa obra reflicte un periplo vital que a converteu en testemuña de episodios históricos

Falece en Boiro o xornalista Luís Blanco Vila aos 87 anos
31/12/2023 21:25
Logo de toda unha vida fóra de Galicia regresou a súa vila natal tras a súa xubilación

Pepe Domingo Castaño tamén forma parte da historia da TVG
17/09/2023 19:02
Presentou no 1985 o primeiro programa de produción propia da televisión pública

Falece o xornalista galego Pepe Domingo Castaño aos 80 anos
17/09/2023 08:43
Morreu esta noite de xeito repentino nun hospital de Madrid

Falece Marisol Vence, redactora de informativos da TVG
15/08/2023 11:19
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, Marisol Vence desenvolveu a súa tarefa profesional nesta casa desde o ano 1992

Ingresa no cárcere o mozo que agrediu un xornalista de "La Voz" en Pontevedra
15/07/2023 18:06
Está a ser investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, atentado a axentes da autoridade, danos e lesións

O mozo que agrediu a Rajoy acoitela un xornalista de 'La Voz de Galicia' en Pontevedra
14/07/2023 17:02
O suposto agresor causou tamén estragos na redacción que o xornal ten en Pontevedra

O príncipe Henrique testifica por segundo día polas escoitas ilegais
07/06/2023 11:53
Uns 140 artigos difundido por diarios entre 1996 e 2010 contiñan datos aos que os reporteiros accederon de maneira ilegal

Comezan os xuízos ás xornalistas que destaparon o caso de Mahsa Amini
01/06/2023 08:55
Nilufar Hamedi publicou imaxes de Amini e o seus familiares no hospital
Elahe Mohammadi cubriu o enterro da rapaza no Kurdistán
Grupos de dereitos humanos critican o proceso xudicial ao que se enfrontan

As xornalistas iranianas que desvelaron o caso Amini enfrontan altas penas de prisión
28/04/2023 09:11
Acúsanas de cooperación co Goberno dos Estados Unidos

Rusia mantén no cárcere o xornalista do 'Wall Street Journal'
18/04/2023 14:46
Evan Gershkovich está acusado en Rusia de espionaxe
A defensa do americano recorreu os dous meses de prisión preventiva

A xornalista Encina Ramos xubílase tras 38 anos na TVG
13/04/2023 20:42
É unha das caras máis coñecidas e máis familiares para os galegos
Foi presentadora, reporteira e ocupou postos directivos no organigrama da empresa

Galicia busca estratexias para combater a desinformación no mundo da posverdade
09/03/2023 13:11
"Hai que apoderar os cidadáns que agora teñen acceso á información sen ningunha barreira", di o catedrático Emili Prado

Morre aos 79 anos Ceferino de Blas, figura do xornalismo e cronista oficial de Vigo
19/02/2023 12:53

Falece o xornalista Jesús Quintero aos 82 anos
03/10/2022 19:40
Jesús Quintero converteuse nunha lenda do xornalismo co popular programa nocturno El loco de la colina

Un tribunal polaco prorroga a detención do xornalista español Pablo González
23/08/2022 11:31
O informador freelance leva detido desde o 28 de febreiro, acusado de realizar actividades para a intelixencia militar rusa
As autoridades polacas matéñeno practicamente incomunicado

Marcos Méndez cre que a guerra en Ucraína entra nunha etapa decisiva
02/07/2022 13:29
O xornalista estivo máis de 80 días sobre o terreo e volve a finais de mes

Convivir deportivo na Coruña: Especial Muller e Deporte
29/06/2022 21:21

Convivir deportivo no Valadouro: Homenaxe a Eduardo Fernández Galán
29/06/2022 20:21
Eduardo Fernández Galán está considerado como o pioneiro da información da NBA en España, hai xa 35 anos.

A xornalista lucense Érika Reija recolle o Premio José Couso
28/05/2022 12:22
O galardón recoñece este ano a relevancia dos medios nos conflitos bélicos

03/05/2022 23:55
Paco Sarria pide poñer o acento na información de calidade: "Menos ideoloxía e máis información"

Noelia Rey, premio Circom ao Novo Talento en Pantalla 2022
13/04/2022 14:00
A presentadora do 'Malicia noticias' recibe este galardón despois de que en 2019 recaera na xornalista Alba Mancebo

Asasinan o fotoxornalista Maksim Levin mentres cubría a guerra en Ucraína
02/04/2022 19:19
O reporteiro ucraíno de 40 anos desapareceu a mediados de marzo nas proximidades de Kíiv

Unha xornalista dunha canle estatal rusa manda en directo unha mensaxe de non á guerra
15/03/2022 08:11
María agora está detida e enfróntase á pena de prisión

Fernando Jáuregui: "Da estratexia da confrontación imos pasar á estratexia da competición"
11/03/2022 11:15
O xornalista agarda que a presidencia de Fejóo no PP supoña cambios nos modos políticos, cunha actitude "máis concertada, mais pactada"
Jáuregui agarda que a entrada de Vox nos gobernos modere as posicións da formación de extrema dereita

O Colexio de Xornalistas pide lexislar contra a desinformación
08/03/2022 22:55
O decano rexeita o bloqueo de Rusia Today e Sputnik, pero reclama medidas para evitar a difusión de noticias falsas


Sara Vila, escritora: "A vida dunha muller é unha carreira de obstáculos contra o medo"
04/02/2022 17:08
Sara Vila gañou o Premio Illa Nova de Narrativa coa súa primeira novela
'Oito días sen Eva Cortes' é un thiller xornalístico arredor dunha desaparición

25/01/2022 08:46
O seu cadáver apareceu en Tijuana, no estado de Baixa California, dentro do seu coche con varios impactos de bala na cara