Cargando resultados...
Falece un home de 47 anos ao ser atropelado por un tren no Barco de Valdeorras
A Garda Civil investiga as causas do fatídico accidente a fin de esclarecer o sucedido

G24.gal
11/10/2023 09:55
Un home de 47 anos faleceu esta madrugada ao ser atropelado por un tren no concello ourensán do Barco de Valdeorras.
Segundo informaron os servizos de emerxencias do 061, o suceso produciuse pasada a medianoite nese concello da provincia ourensá.
Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial de urxencias sanitarias de Galicia do 061 e persoal do PAC do Barco, aínda que non puideron facer nada por salvarlle a vida, pois xa falecera. A Garda Civil investiga as causas do fatídico accidente a fin de esclarecer o sucedido.