Cargando resultados...
Falece un home de 74 anos no Incio cando rozaba unha leira
Descoñécese se sufriu unha indisposición ou se faleceu como consecuencia do golpe ao caer a un camiño

G24.gal
28/04/2023 10:46
Un home de 74 anos veciño do Incio faleceu mentres rozaba unha leira. Ocorreu onte arredor das dúas da tarde no lugar de Castillón, situado na parroquia de Reboiro, no Incio.
O home, que era un xubilado e estaba casado, atopábase limpando unha parcela en fronte do seu domicilio cando, por causas que se descoñecen precipitouse a un camiño.
Está por determinar se sufriu unha indisposición previa ou faleceu a consecuencia do golpe ao caer.
Ata o lugar trasladáronse os sanitarios, entre eles unha ambulancia medicalizada, que a pesar de intentar reanimalo só puideron certificar a súa morte.