Cargando resultados...
Falece un home de 81 anos en Cualedro tras caer nunha lareira acesa
Foi unha coidadora quen atopou o seu corpo sen vida

G24.gal
23/12/2022 19:07
Un home de 81 anos foi atopado falecido con queimaduras á beira dunha lareira na parroquia da Saceda, na localidade ourensá de Cualedro.
Segundo fontes da Garda Civil, foi unha coidadora quen atopou o corpo sen vida deste home minutos antes das 18,00 horas.
Os axentes do Instituto Armado desprazáronse até a vivenda mobilizados polo 112 Galicia. Polo momento descoñécense as circunstancias do suceso.
Ao lugar acudiu tamén un equipo do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puido facer nada por salvar a vida do home.
— 112Galicia (@112Galicia) December 23, 2022
O equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia nada puido facer pola persoa. pic.twitter.com/3vW4IkB6Tp