Ferida leve unha nena de 8 anos tras caer por un desnivel de dous metros de altura
A pequena baixaba en bicicleta por un monte do Porriño cando caeu nunha zona con moita maleza

Afortunadamente todo quedou nun gran susto. A nena baixaba do monte da Risca en bicicleta despois de rematar un adestramento co club ciclista ao que pertence. Nunha curva a pequena, de oito anos, perdeu o control caeu por unha zona de maleza cun desnivel de aproximadamente dous metros de altura.
A nai que circulaba tras ela en coche non dubidou en baixar e foi a primeira en socorrela. Con todo, a muller decidiu chamar os servizos de emerxencias para evitar agravar os danos xa que a nena queixábase de dor nas costas.
O 112 alertou a Policía Local, a Garda Civil, Protección Civil e os bomberios, pero non foi necesaria a actuación de moitos destes efectivos. Finalmente a cativa foi rescatada e os sanitarios trasladárona o hospital Álvaro Cunqueiro para facerlle unha revisión.
Segundo puidemos saber, está ben e o seu estado non reviste gravidade