Cargando resultados...
Ferido un traballador en Carballo ao estourarlle un soprete
O suceso ocorreu nunha vivenda en reformas no lugar de Añón de Berdillo

G24.gal
19/07/2024 20:01
Un operario quedou ferido ao estourar o soprete que manipulaba mentres traballaba nunha vivenda en reformas no lugar de Añón de Berdillo.
O traballador resultou ferido na cara e máis nun pé e foi evacuado en helicóptero ao hospital da Coruña.
Foi o compañeiro de traballo do ferido o que avisou os servizos de urxencia.
Unha vez atendido o ferido, os bombeiros fixeron as medicións necesarias para garantir a seguridade do lugar e a ausencia de gases nocivos.