Fin de semana de portas abertas nas adegas de denominación Rías Baixas
Visitamos Vionta, unha pequena adega do Salnés
Esta fin de semana pódense visitar vinte e seis adegas da denominación de orixe Rías Baixas. Estivemos con eles na adega Vionta de Meaño, unha das tres que visitou o grupo co que cadramos.
Pertencente ao grupo de orixe catalá Ferrer Wine con adegas na Rioxa, no Penedés ou na Arxentina, Vionta está encravada nun balcón sobre a ría de Arousa. A adega fixo unha clara aposta polos monovarietais de uva albariña. Preto de 30 persoas coñeceron este sábado os segredos da elaboración dos seus viños 5 viños galegos.
Cada setembro cóllese a uva dos viñedos, de xeito manual en caixas de 20 quilos, o primeiro labor é retirar as uvas dos acios cunha despalilladora, logo chegará o prensado e a fase estrela: a fermentación que ás veces se fai en dúas fases. Varios meses de repouso nestes depósito son precisos para que o viño descanse.
Cada embotellado está supervisado pola Denominación de Orixe Rías Baixas que testa catro botellas de cada depósito que logo é precintado ata que conseguen o visto e prace da D. O. para embotellar.
Coa fin da visita chega o mellor momento a cata do Vionta Albariño, haino tamén godello. Pero non é a única referencia desta adega tamén produce o You and me e o Depende, e de momento só 1.200 botellas de Bosque de Fuscallo, un viño que madura en barrica de carballo francés.